O Estado dispón dun novo Sistema de Información Xeográfica que se basea nas ortofotos -a fotografÃa aérea- e nun novo e preciso sistema de escaneado láser do territorio chamado cobertura Lidar. Este sistema serve para planificar boa parte das polÃticas que teñen que ver co territorio: urbanismo, medio ambiente, agricultura ou patrimonio. A metade occidental de Galicia, que coincide coa de maior densidade de poboación, carecÃa deste novo sistema de cartografÃa e, polo tanto, tiña información non compatible co sistema de información xeográfica estatal. Hoxe, o Consello da Xunta acordou investir 200.000 euros na elaboración da nova cartografÃa da banda occidental de Galicia a través deste sistema, o cal permitirá, segundo a administración autonómica, "recoñecer a realidade e identidade galega".