A Xunta impulsará un instituto xeográfico que centralizará a cartografía de Galicia

Os mapas de Galicia

15/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
“Instituto Xeográfico de Galicia” é o centro que o goberno galego ten previsto impulsar no ano 2006. Este centro permitirá unificar toda a información xeográfica que realizan as diferentes administracións, desde a local ata a estatal. Isto implica que se empregue unha única metodoloxía, se optimicen os custes e a información obtida sexa compatible para todas as administracións. O primeiro paso deuse onte coa sinatura do convenio entre a Consellaría de Política Territorial e o Instituto Xeográfico para elaborar a cartografía de Galicia a través de fotografía aérea dixital.

Máis información no web da Xunta

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Goberno Galego

Claves

Entidades
Conceptos