Galicia contará cunha fonte unificada de estatísticas culturais

Cultura en cifras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Unha das eivas que ten o sector cultural a día de hoxe é a falta de información fiable e rigorosa sobre as políticas públicas e a actividade dos sectores culturais. Unificar as fontes e homoxeneizar o seu tratamento é obxectivo do convenio que hoxe asinaron o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e José Colino, director do Instituto Galego de Estatística. Unha fonte única que permitirá ao Consello da Cultura Galega, a través unha unidade especializada, elaborar informes anuais sobre o estado da cultura galega.

Máis información no web do Consello da Cultura, no da Consellería de Cultura e no do Instituto Galego de Estatística

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Instituto Galego de Estatística, Ánxela Bugallo, Ramón Villares...