A vixésima oitava edición do Festival de Cine de Málaga dará comezo este venres 14 de marzo, o certame, moi enfocado nas producións peninsulares e hispano americanas, ofrece dentro do seu programa varias producións con acento galego, como é habitual nos pasados anos. Nas seccións oficiais competitivas poderán verse dúas obras en formato curtametraxe. A produtora Chelo Loureiro presentara na sección Animazine 'Yo voy conmigo' (Abano Producións); mentres que na sección de curtametraxes documentais será onde compita 'Nayan' (Testaferro, Paraíso Perdido Films), da cineasta Carla Andrade. Fóra de concurso, pero en seccións oficiais, poderá verse a nova longametraxe do director e actor grovense Javier Veiga, 'Playa de lobos' (Medio Limón, Zebra Producciones (Grupo IZEN), Epos Cine). Tamén entra na Sección Oficial Fora de Concurso de Series un novo traballo dirixido por Pepe Coira e con guión de Pepe Coira, Fran Araújo e Alejandro Marín, a serie 'La Canción' (Movistar Plus+, Buendía Estudios). Completa a presenza galega o filme sobre as mariscadoras 'A Tarea', de Alfonso O'Donnell, que entra no programa na sección 'firmando los derechos de las mujeres'.
Cinco filmes con selo galego exhibiranse en Málaga
Pepe Coira presenta a serie 'La Canción' e Chelo Loureiro a curta de animación 'Yo voy conmigo'
