Desembarco de cine en galego no Festival de Málaga

Algúns como a longametraxe 'As Neves' de Sonia Méndez terán a súa estrea mundial

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma 'As Neves'  © Cósmica Producións

Fotograma 'As Neves' © Cósmica Producións

A 27ª edición do Festival de Málaga (1 a 10 de marzo) contará con ata sete producións rodadas en galego no orixinal e outras dúas cintas de produción galega rodadas en castelán. A estrea mundial do filme 'As neves' (Aquí y Allí Films, Cósmica Producións) da realizadora Sonia Méndez será o que poña a produción galega na sección oficial de longametraxes de ficción do festival malagueño. É na sección oficial de xénero documental onde poderán verse máis películas galegas. Será o caso das estreas das dúas longametraxes 'Aurora' (Gaitafilmes) primeiro filme de Area Erina, que se filmou durante máis de 10 anos, e 'Salvaxe, salvaxe' (Walkie Talkie Films) debut na longametraxe de Emilio Fonseca. Xa no formato curto de documentais Málaga acollerá á estrea do novo traballo de Xacio Baño, 'Platónico, platónica' e máis o debut de dous realizadores novos, Paula Fuentes, Guillermo Carrera, presentando 'Corre o vento'.

No apartado competitivo de ficción dedicado ao formato da curtametraxe entra o filme 'O frío' (nova Industria Films), co debutante Pablo Dopazo na dirección. E un apartado da competición oficial de Málaga está dedicado temáticamente enfocado sobre o cine culinario, é a sección Cinema Cocina e nela entra a competir o filme 'Amas da Terra' unha curtametraxe dirixida por Xisela Franco e producida pola chef Lucía Freitas. Fóra das seccións oficiais, o festival ofrece tamén o ciclo 'Afirmando los derechos de las mujeres', onde entra a curtametraxe 'Antes de se poña o sol' (Campusinus in Albis, Zinemusik Producciones) Nani Matos (A Guarda, 1966). Xa no programa de actividades paralelas e dentro do Cineforum, proxectarase o filme 'Fatum' (Vaca Films), de Juan Galiñanes.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Málaga, Sonia Méndez, Cine, Xacio Baño...