Imaxe de Vigo realizada por Nicolas Muller. Fonte: Xunta de Galicia
Ás sete da tarde deste 14 de marzo abre as súas portas Nicolás Muller en Galicia. O Museo do Mar, en Vigo, acolle esta exposición temporal que se poderá ver ata o vindeiro 18 de maio. Este documentalista nado en Hungría tomou ao longo da súa carreira 700 imaxes no noso país en múltiplas viaxes, moitas das cales o levaron polas Rías Baixas.
A mostra achega, a través de 50 imaxes, unha ollada á realidade das persoas traballadoras do noso país durante os anos 60, cunha especial atención á xente do mar e ás clases desfavorecidas e unha perspectiva fondamente humanista que pon un foco particular en mulleres e crianzas. O proxecto expositivo inclúe un audiovisual que contextualiza e analiza a figura do autor desde unha perspectiva actual.
Muller, considerado un dos grandes fotógrafos documentais do século XX, viaxou polo norte da península por encarga da editorial Clave, con vistas a crear unha serie de libros que debían mostrar unha imaxe moderna de España. O proxecto, comisariado polo tamén fotógrafo José Ferrero, parte da mostra Nicolás Muller. Vento Norte, que se puido ver en 2023 na Cidade da Cultura.