A Cidade da Cultura de Galicia acolle xa a exposición "Nicolás Muller. Vento Norte", un proxecto que revela a ollada sobre as xentes traballadoras e as paisaxes do norte de España dun dos grandes fotógrafos documentais do pasado século. A exposición está comisariada polo fotógrafo José Ferrero en colaboración coa filla do artista, Ana Muller. A mostra componse de 131 imaxes pertencentes ao Museo de Bellas Artes de Asturias, o Fondo Ana Muller —filla do fotógrafo— e o Archivo Regional de la Comunidad de Madrid. A través delas trázase un percorrido xeográfico que comeza en Galicia e segue polas comunidades do Cantábrico (Asturias, Cantabria, o PaÃs Vasco e Navarra), e que se completa cunha selección dos traballos máis célebres do fotógrafo de orixe húngara.
Definitivamente instalado en España logo dun periplo que o levou desde a súa HungrÃa natal por Francia, Portugal e Marrocos, fuxindo da Segunda Guerra Mundial, Nicolás Muller (HungrÃa, 1913 – Llanes, Asturias, 2000) recibe nos anos 60 o encargo de documentar en imaxes a riqueza cultural e paisaxÃstica de diversas rexións do paÃs. Desa encomenda nútrese principalmente esta mostra, que pode visitarse no Museo Centro Gaiás ata o 5 de novembro. En Galicia, Muller retratou cun ollar humanista os traballos relacionados coa pesca nos portos de Vigo, O Grove e A Guarda, e a vida nas rúas de Santiago de Compostela, Betanzos, Combarro ou Ourense. Nenos e mulleres teñen un protagonismo particular nas súas imaxes, tamén no caso galego. AsÃ, nas paredes do Museo Centro Gaiás podemos ver mulleres descargando o peixe, redeiras reparando aparellos da pesca, e tamén lavandeiras e mozas vendedoras nos mercados.