Unha exposición recupera as imaxes de Catalá-Roca sobre Galicia

Turismo e fotografía poderá verse en Compostela e na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Fotografía da exposición de Catalá Roca

Fotografía da exposición de Catalá Roca

O vindeiro 9 de maio abre as súas portas no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela a exposición Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia. 1956-1976. A mostra, comisariada por Anxo Rabuñal, presenta 116 imaxes, entre elas algunhas inéditas, seleccionadas entre o milleiro de fotografías que Català-Roca tomou nas viaxes que realizou en Galicia durante 20 anos para guías turísticas. O conxunto amosa un retrato da transformación do noso país durante o franquismo a centrar o seu foco na vida cotián. A exposición, unha coprodución dos concellos de Santiago e da Coruña poderá verse na capital galega ata o vindeiro 7 de outubro para visitar con posterioridade o Kiosko Afonso da Cidade Herculina.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Proximamente

Proximamente

A Barrié achégase á fotografía e á arquitectura da man de Català-Roca e Chipperfield

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Turismo, A Coruña, Franquismo...