Falece Tino Grandío baixista de N.H.U.

O músico levou a cabo un importante labor docente en xeracións de baixistas

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasMúsica
Compartir:
Tino Grandío     Foto: Chema Ríos

Tino Grandío Foto: Chema Ríos

Un obituario asinado polo músico e investigador Alfonso Espiño en El Correo Gallego dá conta hoxe do recente falecemento do músico Tino Grandío. Falecía aos 68 anos de idade quen foi integrante do mítico grupo N.H.U. unha banda referente da psicodelia e do rock progresivo na escena musical galega dos anos 70. O grupo xurdiu dun anterior proxecto, Question, pioneiros de jazz progresivo, segundo apunta Espiño. Constantino Grandío foi baixista naquela formación que, malia o seu curto percorrido deixou fonda pegada e un LP gravado e publicado, 'N.H.U.' (Zafiro/Novola/Abrente, 1978). Tras o paso por N.H.U. Grandío continou a súa actividade musical en orquestras e grupos profesionais coma Los 5 de Santiago ou Los Astros de Lou Reyes, e levou a cabo unha constante actividade docente ensinando a tocar a baixo a varias xeracións de músicos en Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Jazz, Abrente, El Correo Gallego...

Claves

Conceptos