Espiño e Alejandro Vargas Trío impóñense no II certame Galicia Creativa

O xurado deixou deserta a categoría de música tradicional e folk

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A II edición do Certame Galicia Creativa, que organiza a Fundación SGAE en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais, deixou todos os seus galardóns en Compostela. Espiño, último proxecto de Alfonso Espiño impúxose na categoría de pop-rock, cunha proposta na que se achega á psicodelia con toques de rock progresivo e folk. Pola súa banda, a formación Alejandro Vargas Trío, un proxecto que conta tamén con José Manuel Díaz e L. A. R. Legido, foi vencedora na categoría de jazz. O xurado do certame deixou deserto o apartado de folk e música tradicional. Os vencedores poderán agora gravar cadanseu álbum de entre catro e seis temas no estudio da propia SGAE en Compostela, darán catro concertos e farán presentacións do seu traballo co apoio desta entidade.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Rock, Manuel Díaz, Pop...