O certame Galicia Creativa presenta a súa segunda xeira

Os grupos musicais poden inscribirse ata o 15 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O programa de axudas á creación musical Galicia Creativa, que convocan a Axencia Galega das Industrias Culturais e mais a Fundación SGAE, inicia a súa segunda edición. Os grupos e solitas musicais interesados teñen ata o 15 de setembro para se inscribir e optar a contar con asistencia para a gravación, mesturado e masterización dun disco de entre catro e seis temas. O certame está orientado aos creadores de pop-rock, jazz e tradicional-folk, e os gañadores contarán tamén con asesoramento na produción e apoio na difusión dos seus traballos, a incluír unha xira de concertos.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Folk, Jazz, Rock...