A banda N.H.U. é recoñecida co galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música

Foron pioneiros do rock progresivo en galego nos anos 70

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A banda N.H.U. é recoñecida co galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música

Gravaron un único disco en 1978 e foron pioneiros do rock progresivo cantado na nosa lingua. O grupo N.H.U. ve recoñecido agora o seu labor co Premio Honorífico da segunda edición dos Premios Martín Códax da Música. O galardón, que organiza a asociación Músicos ao Vivo, apunta que o grupo foi un "proxecto musical avanzado ao seu tempo, aglutinador dunha xeración de músicos inquedos, inconformistas e entregados a un proxecto minoritario, underground e carente de referentes próximos".

Canda a este galardón, o vindeiro 17 de decembro coñeceranse nunha gala en Pontevedra o resto dos gañadores desta segunda edición. Segundo apunta a organización, un total de 356 proxectos musicais galegos participan no certame. Entre seleccionaranse, mediante votación do propio sector, 54 finalistas e, nunha segunda rolda, os gañadores en cada unha das quince categorías e mais nos premios Organistrum, dedicados a salas, festivais e espazos de comunicación musical.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premios Martín Códax da Música, Rock, Pontevedra

Claves

Conceptos
Lugares