De CRTVG a CSAG: o Parlamento aproba a nova lei da radio e televisión pública

A lei sae adiante cos votos do Partido Popular

O Parlamento de Galicia aprobou onte a nova lei que marcará o devir da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) para os vindeiros anos. A lei transforma a denominación do ente a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) e incorpora importantes cambios no mecanismo de xestión do ente público, e que xeneraron importantes polémicas con colectivos profesionais coma o Colexio de Xornalistas de Galicia ou os partidos políticos da oposición. En primeiro lugar, a posibilidade de escoller o director xeral por maioría absoluta tras dúas votacións erradas con maioría reforzada. O segundo é a posibilidade de que a nova CSAG poida empregar outras linguas que non sexa o galego nos seus contidos destinados ao exterior da comunidade autónoma ou a eliminación do Estatuto Profesional e o Consello de Informativa. A lei foi aprobada cos votos do Partido Popular, en contra do BNG e do PSdG, e coa abstención de Democracia Ourensana.