Un comité de expertos avoga por trasladar á TVG o modelo da RTVE

O presidente da corporación será nomeado polo Parlamento por un período de seis anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Secretaría Xeral de Comunicación nomeara hai tempo un comité de expertos para redactar unha proposta de reforma da lei da CRTVG. Un documento cuxo contido avanza hoxe El País. Entre as principais conclusións desa comisión figura mimetizar o modelo da Corporación RTVE para o ente galego. Ademais da denominación (Corporación RTVG), pretende crear un Consello Superior do Audiovisual con capacidade sancionadora que se encargará de velar pola pluralidade política, social e cultural. A corporación terá un presidente nomeado polo Parlamento (por maioría absoluta), e non polo Goberno, durante seis anos.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con RTVE, El País, CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)