A Xunta avanza no proceso de creación da Corporación RTVG

Elevouse ao consello da Xunta o informe da comisión de seguemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Simplificar a estrutura actual e converter a Compañía de Radio-Televisión de Galicia, a Radiotelevisión de Galicia S.A. e a Televisión de Galicia S.A. nun só ente: corporación RTVG. Este é o futuro ente responsable da comunicación audiovisual do país e que a Xunta ten previsto pór en marcha para o segundo semestre deste ano. Onte elevouse ao Consello da Xunta o informe da Comisión Técnica de Seguimento, encargada de facer efectivo a transformación en corporación. Agora, o horizonte de traballo pasa por desenvolver os estatutos, a súa memoria (que concretará obxectivos e fins), definir o tipo de entidade e establecer os seus plans de actuación e o económico-financeiro coa previsión de recursos materiais, orzamentarios e humanos.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Televisión de Galicia, Comunicación Audiovisual, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)