Os cambios comezarán polo nome, pero non se deterán aÃ. A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) pasará a denominarse Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), sinalando a relevancia que na nova estratexia do ente público teñen novas formas de comunicación marcadas polo papel dos novos formatos dixitais. Asà figura no anteproxecto da nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, aprobado onte polo Consello da Xunta e que pasará agora ao proceso de consulta pública antes da súa tramitación parlamentaria. A nova lei adapta a normativa autonómica ás novas lexislacións estatais e europeas ao respecto. A totalidade do capital da compañÃa continuará na Comunidade Autónoma e establece o "impulso da produción propia dos pgoramas, contidos e servizos. Serán en lingua galega, "Sen prexuÃzo doutras linguas cando asà se xustifique para dar a coñecer a identidade cultural de Galicia fóra do noso territorio", sinala a lei. Este aspecto xa xerou tamén unha forte polémica nas redes sociais, ante o temor de que sexa unha porta de entrada á incorporación do castelán na oferta regular de contidos da compañÃa. Outro aspecto polémico é o cambio no procedemento na elección do director xeral da compañÃa. Na nova proposta, a proposta da Dirección Xeral, escollida entre "profesionais con recoñecido prestixio e experiencia no ámbito audiovisual e gobernanza corporativa", deberá ser escollida en primeira votación por dous terzos e en segunda votación por tres quintos dos deputados do Parlamento de Galicia, ou sexa, 45 do total de 75. No caso de non haber maiorÃa reforzada, abondará pasados tres mes, coa maiorÃa absoluta do Parlamento, cifrada en 38 escanos.