O achado dos cimentos dun muro, no marco das catas arqueolóxicas realizadas no convento de Santa Clara necesarias para a elaboración do proxecto de execución das obras de rehabilitación leva aos expertos a confirmar que o convento é moito máis antigo do que ata agora pensaban. Asà o informou este luns o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa DomÃnguez, acompañado do arqueólogo da Deputación, Rafael RodrÃguez. Segundo eles, con este achado pódese determinar que a comezos do século XIV, na fundación de Santa Clara, xa se conformarÃa unha grande estrutura conventual formada por tres edificios, a igrexa e dous pavillóns paralelos. Suponse que o achado no retrasará as obras de rehabilitación actuais.
Rafa DomÃnguez tamén informou de que a Deputación musealizará estes achados "para que se poidan observar, xa que consideramos que é de grande importancia para a historia da cidade de Pontevedra". O arqueólogo provincial, Rafael RodrÃguez, secundou que o achado "modifica a historia que coñeciamos de Santa Clara". Os documentos medievais sinalan o ano 1310 como o de fundación de Santa Clara, pero non habÃa constancia de que era o que habÃa naquel entón nese momento agás da Igrexa. Ata o de agora coñecÃase que o alzado do edificio que se mantén en pé data do século XVII polas inscricións no muro e nun piar, pero grazas ás catas arqueolóxicas confÃrmase que se trata dun edificio medieval. RodrÃguez sinalou que "agora podemos definir o núcleo orixinario do século XIV" e o achado, malia poder parecer pequeno, "dános un empuxe á hora de tratar de comprender o enorme quebracabezas que é Santa Clara". De feito atopouse o arranque dun arco gótico que "cremos que se trata dun acceso á sala capitular, quizais movido de sitio. Posiblemente parte dos muros destas cimentación o que están a definir é esa sala capitular, que serÃa o núcleo central do convento xunto coa igrexa".