Xa está na rede o primeiro dos tres vÃdeos cos que a Deputación de Pontevedra vai dar conta das prospeccións arqueolóxicas que se están a realizar no convento de Santa Clara, na capital do Lérez. Na produción, duns tres minutos de duración, o director da intervención, Rafael RodrÃguez MartÃnez, explica os primeiros achados realizados nas catas que se desenvolven no recinto.
Segundo destaca no vÃdeo, entre as descubertas máis rechamantes nesta fase dos traballos están as 26 tumbas aparecidas na zona norte do conxunto, nalgunhas das cales atopáronse restos humanos, e das que se escavaron dez. O equipo arqueolóxico tamén descubriu cinco tumbas e tres caixas de madeira con máis restos na zona da porterÃa do convento.
RodrÃguez apuntou tamén a importancia do enlousado dun edificio xa desaparecido do século XVI ou XVII, dunha canle de pedra para abastecemento de auga ou das cinco tumbas que se atoparon na zona leste do recinto. Polas bandas sur e oeste do conxunto localizáronse restos dos que aÃnda é difÃcil determinar procedencia e datación.
O estudo arqueolóxico pretende afondar na análise dos máis de 15.000 metros cadrados do conxunto histórico artÃstico do convento, con máis de 60 sondaxes nunha superficie de aproximadamente 700 metros cadrados.