A exposición Orixes recrea no Gaiás a explosión da vida e as especies desaparecidas

Pódese visitar ata o 26 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: CienciaExposicións
Compartir:
A exposición Orixes recrea no Gaiás a explosión da vida e as especies desaparecidas

O Museo Gaiás inaugurou unha nova exposición inmersiva baseada en gafas de realidade mixta titulada Orixes. Unha viaxe virtual a onde comezou todo. A exposición, orientada a un público familiar, "atravesa catro mil millóns de anos de evolución do noso planeta: desde unha inhabitable bóla incandescente, ata a extinción do temible tiranosauro-rex, pasando pola explosión da vida nos océanos ou a aparición dos primeiros grandes bosques na superficie terrestre". A exposición ten un custe de cinco euros, é precisa unha idade mínima de 8 anos e precisa reserva de quenda previa para poder visitala. Está dispoñible ata o 26 de outubro.

Trailer de Orixes

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Gaiás, Medios de comunicación, Cidade da Cultura de Galicia