Identifican un miliario romano en Tui

O concello desexa resitualo no cárcere vello

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Identifican un miliario romano en Tui

Patrimonio confirmou que unha peza de dous metros de altura e corenta centímetros de diámetro, localizada na rúa Bispo Castañón de tui, é un miliario romano. Trátase dun miliario sen inscricións visibles, aínda que conserva un gravado dunha cruz, que pode indicar un uso prolongado da peza mesmo como marco divisorio entre propiedades ou territorios. O concello manifestou o seu interese en que o miliario se traslade ao cárcere vello, aínda que a decisión e o establecemento das condicións técnicas da reubicación corresponden á Dirección xeral de Patrimonio. O miliario xúntanse a outros indicios que apuntan a unha ocupación de Tui en época romana. Ademais, se a súa localización orixinal foi no actual casco urbano, apuntaría xa á emerxencia de Tui como un importante lugar de paso neses momentos.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Dirección Xeral de Patrimonio, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)