Un miliario volve marcar o camiño de Asturica na Ponte Cigarrosa de Petín

Trátase do primeiro con inscrición localizado en Valdeorras

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O miliario na Ponte da Cigarrosa (Petín). Foto: Osil.info

O miliario na Ponte da Cigarrosa (Petín). Foto: Osil.info

O concello valdeorrés de Petín inaugurará nos vindeiros días a restitución dun miliario recuperado había uns meses nas proximidades da Ponte da Cigarrosa, en Petín. Así o conta hoxe o xornal valdeorrés Osil.info na súa edición de hoxe. O miliario foi restaurado e situado agora á entrada desta emblemática ponte valdeorresa. A peza arqueolóxica conserva aínda a embalaxe coa que chegou do obradoiro de restauración, ata agardar a inauguración oficial nos vindeiros días. Será neste acto onde se desvele o contido do epígrafe este marcador viario. Moitos dos miliarios existentes en Galicia sinalan tanto a distancia da vía como outras circunstancias, como o emperador que gobernaba no momento da reparación da vía ou da colocación do marco. Neste caso, trátase do primeiro miliario con epígrafe localizado na comarca de Valdeorras e pode estar asociado á Vía XIX ou Vía Nova, que comunicaba Bracara (Braga) e Asturica. Adiántase que o texto contén información histórica relevante, pero non será ata a inauguración no que se desvele o misteiro agochado baixo ese plástico.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valdeorras, Obradoiro, Braga, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)