A Fundación Florencio Delgado Gurriarán ven de presentar na Rúa unha plataforma colaborativa para recoller o léxico propio de Valdeorras. Trátase dunha ferramenta en liña que facilita as aportacións da veciñanza e que será coordinada pola comisión de lingua da Fundación, a cal irá validando os termos e contextualizando a súa posible inclusión nun dicionario da fala da comarca. Ao proceso de creación do dicionario de fala valdeorresa pode accederse dende a web florenciodelgadogurriaran.gal. Xa está operativo un formulario básico para enviar termos valdeorreses e nuns días estará listo un formulario avanzado para engadir fotografías e arquivos de son de uso das palabras propostas
Neste momento no dicionario hai dez termos, todos eles recollidos na poesía de Florencio e con comentarios da comisión de lingua da Fundación, que se encarga de comprobar que sexan realmente palabras propias do valdeorrés. O seguinte paso será organizar eventos de participación e socialización do proxecto, convocando encontros para a recollida de léxico e dinámicas de colaboración con centros educativos, asociacións e expertos na cultura de Valdeorras. A presentación deste dicionario en cernes fíxose nunha xornada na que participaron dúas investigadoras da lingua, a ruesa Noelia Estévez e mais a berciana Sara Rodríguez, e que reuniu a medio centenar de persoas no Centro Cultural Avenida da Rúa. No encontro, baixo o título 'A fala valdeorresa e do Bierzo', a filóloga ruesa Noelia Estévez, presentou a súa investigación sobre fraseoloxía de Valdeorras, destacando como os ditos atribuidos á fala da comarca son un espello das súas especificidades idiomáticas e da súa identidade, con moitas referencias á toponimia, a feitos históricos e ao traballo no agro. Destacou, entre outras, as seguintes: cáveme quen queira, pódeme quen saiba, referida ao viñedo; ser como un cimixe, que é o verme da castaña, co que se describía ás mulleres pequenas; e ditos máis recentes pero moi implantados como Eu fun a Petín e repetín ou Do mar, o mero e do Barco, o botelo.