Foi Soledad Vilela, veciña do lugar de O Pazo (Salcedo, Pontevedra) a primeira que localizou no fondo dunha zanxa un gran bloque cilÃndrico que os obreiros que traballan na vÃa de construción do AVE botaran contra un lado pensando que era formigón. Soledad comunicoullo ao presidente da Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta, Xosé Ramón Lage quen, ao limpar a superficie da pedra, localizou unha inscrición en latÃn nun deles. O arqueólogo municipal identificou o gravado no que se indica que o miliario foi dedicado aos emperadores Máximo e Maximinus, no século III d.C. O outro miliario aÃnda está no fondo da zanxa, sen poder ter sido estudado. A alcaldesa en funcións de Pontevedra, Teresa Casal, solicitou á ConsellerÃa de Cultura a suspensión cautelar das obras ata que se realice unha investigación en profundidade na zona para determinar se hai máis restos arqueolóxicos.