O Diario Oficial de Galicia deste 14 de febreiro recolle a inscrición no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia da antiga casa cuartel da Garda Civil situada no lugar de Barbeitos, parroquia de San Xurxo de Sacos en Cerdedo-Cotobade. O edificio, orixinal de mediados do século XIX e en mal estado de conservación, conta como principal singularidade visual coa existencia de catro garitas de vixilancia situadas nos vértices da planta baixo cuberta.
Segundo apunta o expediente publicado no DOG, o valor da construción é "máis que pola súa representatividade tipolóxica, pola súa singularidade como casa cuartel significativa da primeira época deste tipo edificatorio" que "ten un gran valor testemuñal como mostra dunha arquitectura representativa e de control do Estado centralista decimonónico e como «casa de veciños organizada militarmente» na que convivÃan a institución á que representa (Garda Civil) e a vida doméstica das familias residentes".
ConstruÃda orixinalmente por volta de 1857 e empregada ata 1980, o edificio "responde a unha primeira tipoloxÃa das casas cuarteis da Garda Civil que se desenvolveron en edificacións existentes, que, coma neste caso, se adaptaron ao singular uso de casa cuartel, onde se mesturaba a función militar e a civil, a partir dunha edificación de carácter tradicional destinada na súa orixe a uso residencial".
Malia a estar en mal estado, sen cuberta e a conservar unicamente os muros e algún elemento propio, o expediente considera que o conxunto "conserva de forma suficiente a súa integridade formal e construtiva e os aspectos caracterÃsticos que determinan a súa autenticidade, polo que se lle recoñece un notable valor cultural como ben do patrimonio arquitectónico, histórico e etnolóxico".
A incorporación deste elemento ao Catálogo, coa categorÃa de monumento, faise por solicitude do Concello de Cerdedo-Cotobade, que pretende transformar a edificación en vivendas sociais.