"Aquí está a aparecer unha estratigrafía invertida!", di entre risas Benito Vilas, de Árbore Arqueoloxía. O seu equipo está a escavar no castro da Cividade (San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade), un impoñente castro que controla o val do río Lérez e que estivo de actualidade pola recente limpeza da súa croa e recuperación do enigmático petróglifo da Eira dos Mouros por parte do mesmo equipo. "Despois da limpeza, queriamos comprobar a potencialidade do castro para futuros traballos de posta en valor", explica Vilas. A intervención está financiada polo concello de Cerdedo-Cotobade.
Os arqueólogos abriron dúas pequenas sondaxes de 3x2 metros cadrados na croa do xacemento, que conta tamén cun recinto inferior máis grande que se estende pola ladeira. "O certo é que curiosamente ao primeiro apareceron cerámicas do Ferro I e logo do Ferro II, ao revés do que sería lóxico! Cremos que se debe a que parte do sitio puido ter sido remexido", explica. Das máis modestas pezas do Ferro I, a primeira etapa de conformación da cultura dos castros, de contado apareceron as exuberantes pezas cerámicas, cheas de motivos decorativos, que definen os séculos finais dos castros na área das Rías Baixas. A aparición dun prato de cerámica común romana induce a pensar que o xacemento tivo unha delongada ocupación ao longo de varios séculos, e que esa ocupación foi doméstica.
A intervención no castro da Cividade. Foto: Árbore Arqueoloxía
"Nunha das sondaxes non localizamos ningunha estrutura, pero había moito material. Pensamos que podemos estar dentro dunha estrutura. Saíron landras carbonizadas, sementes e mesmo tamén o resorte dunha fíbula. Tamén outro obxecto metálico que se vai analizar durante a restauración para poder determinar que pode ser", explica Vilas. Os artefactos localizados indican que a croa do castro debeu ter usos domésticos.
Máis intrigante é o Forno dos Mouros, que os arqueólogos levan buscando desde que comezaron a traballar no castro. Segundo a bibliografía, trátase dalgún tipo de estrutura. Os veciños que visitaron o castro faláronlles de que o forno estaba por fóra do xacemento, aos pés del. "Iso fainos pensar que poida ser algún tipo de estrutura termal, como noutros castros do sur de Galicia", explica Vilas. Pero o castro está rodeado dunha densa vexetación que vai manter a incógnita sobre ese recinto durante algún tempo máis.