Convócanse as axudas as programacións de Cultura no Camiño

Mantense o orzamento de 250.000 de subvencións aos concellos

Os concellos galegos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago xa poden acceder ás subvencións destinadas á acoller os espectáculos de artes escénicas e musicais do programa Cultura no Camiño. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria e bases polas que a Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, dedicará 250.000 euros a apoiar estes eventos en 2025, a mesma contía que nos dous anos anteriores. Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia, a través de programacións culturais que serán desenvolvidas entre do 15 de xuño e o 31 de agosto.

As bases contemplan que os concellos de menos de 20.000 habitantes poidan recibir unha contía global fixa de 2.500 euros para a totalidade da programación, que corresponderá ao 50 % do caché de cada unha das actividades programadas. Mentres , os concellos de máis de 20.000 habitantes recibirán unha contía global fixa de 3.500 euros para a totalidade da programación, que corresponderá ao 40 % do caché de cada unha das actividades programadas. No pasado ano Cultura No Camiño ofreceu máis de trescentas actuacións en 88 concellos vencellados aos camiños xacobeos.