Unha nova convocatoria da liña de axudas 'Cultura no Camiño', dirixida ao fomento das artes escénicas e musicais naqueles concellos polos que discorren as rutas dos Camiños de Santiago ven de dar os seus primeiros pasos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases reguladoras e abre a convocatoria da que é a undécima edición destas subvencións que Xunta outorga a través da Axencia Galega de Industrias Culturais. Crece o orzamento que o goberno autonómico destina este ano, malia no ser ano santo, situándose nos 250.000 euros (20.000 máis que no pasado ano), e poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos galegos polos que discorren os diferentes camiños de Santiago recoñecidos oficialmente por decreto asà como aqueles en que se ditou acordo de inicio para súa tramitación.
Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia, nos concellos de Galicia, sendo subvencionable unha porcentaxe das contratacións que integrarán as programacións e que serán desenvolvidas nas datas comprendidas entre o 15 de xuño ao 31 de agosto de 2023. O prazo para a presentación das solicitudes será de un mes a contar desde mañá, 16 de marzo e procedemento de concesión destas subvencións tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotamento do crédito. As programacións incluÃdas nesta convocatoria deberán conter como mÃnimo dúas contratacións de teatro, danza, música, novo circo ou maxia cun orzamento superior a 5.000 euros (IVE incluÃdo) nos concellos de menos de 20.000 habitantes e de 8.750 euros (IVE incluÃdo) nos concellos de máis de 20.000 habitantes.