O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a orde pola que se convocan as axudas para que os concellos do paÃs contraten ao longo do verán espectáculos de artes escénicas e musicais no marco do programa Cultura no Camiño +. A Axencia Galega das Industrias Culturais destina un total de 750.000 euros a esta convocatoria, que se insire agora no plan Plan de reactivación dos sectores cultural e turÃstico e que triplica os fondos de que dispuña. Precisamente o DOG recolle tamén a anulación da anterior convocatoria desta liña de axudas, que se desenvolvera en febreiro deste mesmo ano con 230.000 euros. As entidades locais interesadas en participar destas axudas teñen ata o vindeiro 10 de agosto para presentar as súas solicitudes, que "serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria ata esgotamento de crédito, por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro".
A Agadic comprométese a cofinanciar as propostas presentadas en diferentes porcentaxes segundo o número de habitantes de cada localidade. As programacións incluÃdas nesta convocatoria deberán incluÃr, como mÃnimo, dúas contratacións de teatro, danza, música, novo circo ou maxia, cun orzamento superior a 5.000 euros nos concellos de menos de 20.000 habitantes e de 8.000 euros nos concellos de máis de 20.000 habitantes. As actuacións incluÃdas nesta liña de axuda terán que se desenvolver entre 15 de xullo e 15 de outubro deste ano.