A Xunta convoca as subvencións culturais a concellos do Camiño

Manteñen o orzamento de 250.000 euros da pasada edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Industrias Culturais pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o programa Cultura no Camiño, de cara ao fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos cales discorren os diferentes Camiños de Santiago. Por segundo ano consecutivo e sen ser ano santo, o orzamento chega aos 250.000 euros. Estas axudas teñen como finalidade o fomento das artes escénicas e musicais de carácter profesional, en particular de teatro, música, danza, novo circo e maxia nos concellos de Galicia opolos que discorren os diferentes Camiños de Santiago, e é subvencionable unha porcentaxe das contratacións que integrarán as programacións e que serán desenvolvidas nas datas comprendidas entre o 15 de xuño ao 31 de agosto de 2024. Na pasada edición leváronse a cabo 302 actuacións nun total de 88 concellos ao abeiro destas axudas.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Teatro, Danza, Ano Xacobeo...