O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acollía este 6 de febreiro o acto de entrega dos primeiros Premios de Investigación que convocan a Fundación Barrié e a Real Academia Galega de Ciencias. Os galardóns, nados para recoñecer "a mellor investigación que se desenvolve na nosa comunidade en Ciencias Básicas, Técnicas e Sociais" contan cunha dotación de 5.000 euros en metálico para cada categoría. Nesta primeira xeira presentáronse ao certame un cento de propostas.
No ámbito das Ciencias Básicas, o xurado recoñeceu un proxecto que propón a utilización de dióxido de carbono para a produción de metanol, produtos químicos e combustibles, o que reduce a pegada ambiental destes procesos. Miguel Ángel Correa, do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, lidera a investigación.
No mesmo ámbito concedéuselle un accésit ao traballo liderado por Ashwin Woodhoo na Universidade de Santiago sobre os mecanismos polos que certas enfermidades danan a capa protectora de mielina que recobre os nervios. Outro accésit foi para o equipo de Fernando Adrián Fernández, que atopou a relación entre determinados tipos de ecuacións, unha descuberta que achega grandes posibilidades á hora de estudar diferentes fenómenos como as epidemias ou o crecemento dos animais.
Na categoría de Ciencias Técnicas foi para o grupo coordinado por Víctor Zapatero, do Vigo Quantum Communication Center e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación Atlanttic da UVigo, que desenvolveu un sistema de cifrado de datos máis barato e seguro que os existentes. Na mesma área un accésit foi para o equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da UVigo, liderado por Antía Fernández, que explorou a transformación de contaminantes e substancias minerais mediante procesos de oxidación avanzada para a descontaminación de augas.
En Ciencias Sociais foi o premio foi para un equipo da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, en colaboración co centro de investigación interuniversitario ECOBAS coa coordinación de Milagros Vivel. O seu estudo abordou o impacto que ten a proximidade xeográfica a empresas fallidas en firmas en activo. Neste apartado un accésit recoñeceu o traballo do grupo da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC que lidera por María Cadaval. Neste caso recoñeceuse a análise do impacto das políticas de consolidación fiscal nas preferencias e intención de voto da cidadanía española.