A Deputación da Coruña daba a coñecer este venres 31 de maio o fallo do II Premio Xoán Vicente Viqueira de Investigación en Ciencias Sociais. Estes galardóns contan con tres modalidades, cada unha delas dotada con 6.500 euros en metálico, e teñen a finalidade de "recoñecer a actividade de investigación e innovación levada a cabo por persoas ou entidades que teñan destacado no ámbito das ciencias sociais e humanidades".
Deste xeito, o Premio á traxectoria de vida dedicada á investigación nalgún dos ámbitos das Ciencias Sociais ao longo dos últimos 30 anos foi para o docente e investigador Enric Pol Urrutia, catedrático de PsicoloxÃa Social da Universidade de Barcelona. O xurado destacou "a súa amplÃsima traxectoria de currÃculo excelente e cunha obra de amplo impacto social a nivel internacional".
O Premio á innovación cientÃfica levouno o investigador postdoutoral da Universidade da Coruña Nachatter Singh Kaur. O fallo salienta que a súa investigación "supón unha innovación en relación cos desafÃos da sociedade global e, de xeito especÃfico, cos movementos migratorios e as redes de integración social, estando a investigación excelentemente catalogada de acordo aos indicadores biométricos máis habituais nas ciencias sociais".
Finalmente, o Premio á calidade dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova recaeu en Cristina Chinea Montesdeoca, da Universidad de La Laguna. O seu traballo sobre alimentos "posúe unha calidade excelente e contribúe ademais a definir criterios de benestar social cun enfoque alimentario ecoloxicamente responsable", segundo o comité de avaliación.
O xurado estivo composto pola deputada delegada de Educación, Yoya Neira Fernández, como presidenta; Jorge Sobral, Cristina GarcÃa, MarÃa Pilar Vieiro, Ricardo Antonio GarcÃa, e Marta Fernández, como vogais; e pola xefa da Sección de Educación e Cultura, Manuela Muñiz, como secretaria.