Os investigadores Jorge Sobral Fernández, Patricia Muñiz Núñez e Vicente Adrián López Chao acaban de ser galardoados co III Premio Xoán Vicente Viqueira de Investigación en Ciencias Sociais nas tres categorÃas do certame. Cada unha delas está dotada con 6.500 euros de recoñecemento. Na modalidade de Premio á traxectoria de vida dedicada á investigación nalgún dos ámbitos das Ciencias Sociais ao longo dos últimos 30 anos recaeu en Jorge Sobral Fernández, catedrático de psivoloxÃa da USC e director do departamento de Ciencia PolÃtica e SocioloxÃa da mesma universidade. Sobral é un pioneiro da psicoloxÃa social en Galicia e da psicoloxÃa xurÃdica en España. O premio á innovación cientÃfica nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación socia foi para Patricia Muñiz Núñez, doutorada e docente na UDC no departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, ademais de fundadora do Estudio MMASA. O xurado destacou os seus traballos sobre a "vivenda de transición e realoxamento de persoas desprazadas por conflitos bélicos, desastres naturais ou consecuencias do cambio climático" Pola súa banda, o premio á calidade dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social recaeu en Vicente Adrián López Chao, doutor e docente no departamento de Expresión Gráfica Arquitectónica da UDC. O xurado considerou o "relevante impacto cientÃfico que fixo transcender a súa investigación do ámbito da arquitectura á educación e á psicoloxÃa ambiental".