A Deputación Provincial da Coruña ven de publicar no BOP as bases e abrir o prazo dunha nova convocatoria de galardóns culturais, creando o premio 'Xoan Vicente Viqueira', de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación. O premio créase en memoria do filósofo, psicólogo e escritor Xoan Vicente Viqueira Cortón, que naceu en Madrid pero viviu ata os 12 anos en Vixoi (Bergondo) e que desenvolveu investigacións no eido do pensamento filosófico e apostou polo progreso da educación, sempre co galego por bandeira. O obxectivo deste certame é o de recoñecer a actividade de investigación e innovación levada a cabo por persoas ou entidades que teñan destacado no ámbito das ciencias sociais e humanidades. As bases da primeira edición deste premio de nova creación foron realizadas conxuntamente co Instituto de Estudios e Investigación Psicosocial Xoan Vicente Viqueira grazas á mediación do Concello de Bergondo, municipio onde residÃa o escritor.
Ata o 31 de xaneiro ás 14 horas poderán presentar candidaturas todas as persoas fÃsicas ou xurÃdicas que realicen actividades de investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades. Nas candidaturas poderán propoñer a calquera persoa ou entidade ligada a proxectos que se desenvolvan ou relacionen coa investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades e que teñan a súa residencia ou sede social no territorio español, non se admiten autocandidaturas. Establécense tres premios, dotados de 6.500 euros cada un deles, para cada unha das seguintes modalidades, sempre nos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social: á traxectoria de vida ao longo dos últimos 30 anos, a innovación cientÃfica e a calidade dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova. A deputada de Educación, Sandra González, que presentou o premio xunto coa alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, a presidenta do Instituto Xoan Vicente Viqueira, Isabel Lema Blanco, e o presidente de honra da entidade, Ricardo GarcÃa Mira, destacou "a importancia de Viqueira, ao que se lle dedicou o DÃa das Letras Galegas no ano 1974, para o desenvolvemento do pensamento filosófico e o progreso da educación en Galicia" e definiu este certame como "unha aposta por recoñecer o traballo que fan persoas ou institucións nun eido de tanta transcendencia como o das ciencias sociais e humanidades".