A Deputación da Coruña investiu 160.000 euros na concesión de vinte bolsas de investigación en ámbitos das ciencias, ciencias da saúde, sociais e xurÃdicas, enxeñarÃa e arquitectura, artes e humanidades, estudos de xénero e planificación lingüÃstica. Cada bolseiro recibirá 8.000 euros para desempeñar as súas investigacións.
Proxectos concedidos
[da nota de prensa da Deputación da Coruña]
Na área das ciencias, un dos proxectos consistirá na avaliación do uso de drons na investigación forestal, e outro, na caracterización da especie do percebe galego. En canto ás ciencias sociais e xurÃdicas, farase unha análise xeoturÃstica da Coruña, unha estratexia de extensión da radio na provincia, e unha proposta de plan de formación sobre o trastorno do Espectro Autista para os dos profesionais dos centros dependentes da Deputación.
Pola súa banda, os traballos de planificación sociolingüÃstica servirán par analizar os usos lingüÃsticos nas actuacións musicais das festas populares coruñesas, e para crear un detector automático de neoloxismos.
No ámbito das artes e as humanidades, os proxectos que obtiveron as bolsas da Deputación céntranse nas figuras de Eugenio F. Granell e de Xosé Rubia Barcia. A terceira investigación deste eido abordará o discurso da responsabilidade social corporativa do Grupo Inditex.
A Deputación confirma o seu compromiso coa igualdade con dúas bolsas para estudos de xénero. Dúas investigadoras estudarán a emigración feminina a Suiza dende a comarca de Terra de Soneira e o discurso entorno á maternidade, respectivamente.
No eido das ciencias da saúde, os proxectos financiados pola Deputación abranguen estudos sobre o cancro de próstata, o deterioro cognitivo, as células mesenquimais e o cancro gástrico. Os dous investigadores en enxeñarÃa estudarán o cálculo estrutural de láminas con aplicacións na industria téxtil e na enxeñarÃa, e a viabilidade ambiental e sanitaria dun novo sistema de abastecemento de auga no medio rural, con aplicación ao núcleo de Igrexafreita (San Sadurniño)