O profesor Germán Labrador fala con moita frecuencia de dispositivos e de ferramentas cando describe as exposicións que comisaria, como se máis que mostras convencionais fosen artefactos de software e os visitantes usuarios que interactúan con elas. Asà se sente un na súa nova mostra Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia (Auditorio de Galicia, ata o 25 de maio). Promovida polo concello de Santiago, a mostra reúne unha densa malla de máis de 90 obras de artistas, creadores, entidades e colectivas que exploran as culturas da resistencia e da alteridade en Galicia desde hai máis de cen anos. Na exposición, estruturada en seis grandes unidades temáticas e cronolóxicas, fai convivir documentación, creación artÃstica e obxectos históricos de distintos momentos, soportes e intencións, propoñendo ao visitante unha exploración non pechada das continuidades e discontinuidades da cultura -ou das culturas- de esquerda en Galicia.
Labrador, un investigador, comisario e académico cunha longa traxectoria na exploración da interacción entre arte, cultura e polÃtica no ámbito ibérico dos séculos XX e XXI, pon en conexión a exposición Ollos de vidro con algúns dos seus traballos comisariais máis recentes. Dunha banda, Esperpento. Arte popular y revolución estética (Centro Reina SofÃa, Madrid, ata o 10 de marzo). "Valle inventa unha máquina de visión, o esperpento, no diálogo entre a vangarda e a cultura popular", explica Labrador. Doutra banda, a exposición Sempre máis. Arte, ecoloxÃa e protesta na Galiza do Prestige (Auditorio de Galicia, 2023), "que me valeu para entender a cultura galega desde o diálogo, a constelación e a forza que ten o popular aÃnda hoxe".

A exposición. Foto: Compostela Cultura
ConstruÃr o dispositivo
Desa procura dun dispositivo de visión e dunha visión plural e entrecruzada da creación naceu esta nova exposición. "QuerÃa revisar a cultura da modernidade desde outras perspectivas, e a metáfora de O ollo de vidro de Castelao dábame o criterio para observala. O ollo de vidro de Castelao é unha máquina que permite ver as conexións entre o mundo dos vidos e o dos mortes, pero tamén xoga coa vangarda do seu mundo, por unha banda, a chegada a Galicia dos raios X e a modernidade tecnolóxica e por outra as crenzas antigas. Naquel momento a ciencia desvelaba a existencia de presenzas que non son accesibles a través dos ollos. Isto que fai a ciencia, Castelao pregúntase se tamén o pode facer a cultura".
Ese ollo de vidro, de a cabalo entre o tradicional e a modernidade, é o dispositivo que emprega Labrador. O ollo permÃtelle observar o tempo de xeito distinto. "Esa é a idea máis importante na exposición, a ruptura da lóxica da temporalidade", explica Labrador, "a modernidade foi pensada coma un tempo liñal que avanzaba cara o progreso e a perfección da humanidade. Nese camiño, as formas vellas darÃan substituto ás novas. Pero fronte a esa visión liñal, na exposición hai unha aposta pola permanencia. Esas formas ancestrais están sendo convocadas por artistas hoxe, porque son formas que nos falan do presente e da continuidade popular".
O eterno presente da cultura popular
Ao igual que a exposición reclámanos que observemos a realidade das súas salas cun ollo de vidro, está dotada de "ferramentas de orientación" que permiten ao visitante decatarse das continuidades e das discontinuidades dese discurso. "Teñen que ver coas repeticións", explica o comisario, "por exemplo, a vaca, que aparece de xeito moi marcado ao longo da reconstrución, e que se observa nese cartel do Estatuto do 36 no que se amosa a vaca polÃtica alimentada en Galicia e muxida en Madrid. Estámonos preguntando polo final da soberanÃa labrega e hoxe en dÃa é case unha memoria". Pero o visitante tamén pode apreciar o mesmo nas obras vinculadas á paisaxe, que atravesan toda a mostra. "Aprender a ver a paisaxe galega foi un traballo de varias xeracións, e moi vinculada ao desenvolvemento dunha modernidade anterior á Guerra civil. Noutros momentos tamén hai rupturas na paisaxe histórica, como se ve nos azulexos feridos de Carlos Sobrino. Ou, xa na actualidade, nunha rÃa de Pontevedra ferida polas celulosas ou as paisaxes periurbanas de Juan Rivas". Esa representación da paisaxe e da natureza é fundamental ao longo de toda a mostra, que comeza (ou remata) falando de Altri. "A paisaxe segue a reflexionar sobre as propias loitas que continúan", explica Labrador, "no ámbito ecosocial e da crise climática".

A exposición. Foto: Compostela Cultura
Nese "eterno presente da cultura popular" ao que alude Labrador teñen un papel importante, como noutras mostras do comisario, as máscaras, coa recuperación de máscaras dos anos 20 do artesán Celso Otero que, ao retornar da emigración en Cuba, comezou a facer deseños de máscaras de peliqueiros. As máscaras de entroido teñen numerosas relecturas desde a arte contemporánea. "Hai un volver das formas que significan outra cousa e tomaron unha forma distinta", puntualiza Labrador, "e aà está ás veces a especificidade das formas galegas, que teñen que ver con certa función negociada do ritual e do simbólico: as máscaras, os exvotos, as mandas votivas, os fetiches, os mecos. O traballo cos materiais e a conciencia da materialidade das formas, a relación coa circularidade do tempo ou esa necesidade de diálogo cos mortos que ten a nosa cultura".
A exposición remata (ou comeza) co Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, localizado nun espazo central e representado con obras de distintos artistas. "Castelao dicÃa que no Pórtico da Gloria estaba a fundación dunha arte galega que era quen de dialogar coas formas do seu tempo", explica Labrador, "e a pregunta é como volver aà hoxe, nunha lectura laica dese cosmos do mestre Mateo". E o comisario comeza a ver o monumento nun prisma actual: "os instrumentos, que era forma de alta tecnoloxÃa máis avanzada da época, pero tamén o momento xusto que representa o Pórtico. Os músicos están preparándose para o concerto previo a fin do mundo". A ollada irónica e global dunha Galicia moi globalizada aparece tamén nun Santiago Apóstolo caracterizado como un Maneki Neko, un gato da sorte.
Este sábado 8, ás 12 da mañá, a exposición acollerá unha "visita asemblearia" na que participarán autores de diferentes obras da exposición, explicando os seus traballos. A asistencia é libre.