Os obxectos que soñan

O Auditorio de Galicia amosa ata o vindeiro 24 de xuño as fotografías de Chema Madoz

4/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Sen título, 2004 © Chema Madoz / VEGAP Madrid, 2012

Un percorrido en retrospectiva polo traballo de Chema Madoz. Setenta fotografías nas que os obxectos cotiáns adquiren novos significados e convidan ao soño ou á reflexión compoñen Ars Combinatoria. Ata o vindeiro 24 de xuño, o Auditorio de Galicia, en Compostela, acolle esta exposición, que promete ser unha das referencias da axenda artística desta primavera. Desde o Auditorio lembran que existe un servizo de visitas guiadas á mostra, tanto para escolares e colectivos como para visitantes que veñan en grupos de dez ou máis persoas.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

23/03/2010

Os obxectos cotiás

O Auditorio de Galicia acolle unha retrospectiva da escultora María Xosé Díaz

02/03/2009

O retorno de Mouzo

O Auditorio de Galicia acolle a primeira retrospectiva do artista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

Claves