Unha mostra recupera o traballo de Seoane e Díaz Pardo á fronte de Sargadelos

A exposición celebra o corenta aniversario do Laboratorio de Formas

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
Imaxe que fai parte da exposición Sargadelos Recuperado. O Laboratorio de Formas 40 anos despois

Imaxe que fai parte da exposición Sargadelos Recuperado. O Laboratorio de Formas 40 anos despois

Representaron a conxunción da arte e da industria coa nosa identidade cultural. O Laboratorio de Formas foi unha iniciativa promovida por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo para recuperar a literatura, a arte e o deseño desenvolvidos en Galicia antes da Guerra Civil. Cando se cumpren corenta anos da súa creación, a Fundación Luís Seoane e a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais (SECC), organizan na Coruña unha mostra que achega unha visión do traballo desta entidade. En Sargadelos Recuperado: O laboratorio de formas 40 anos despois poderase ver obra plástica e documental canda a fotografías que achegarán a historia do grupo Sargadelos desde a creación do Laboratorio ata Edicións do Castro, pasando polo Seminario de Estudos Galegos ou a colaboración con outras entidades como Ruedo Ibérico.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

40 anos de Sargadelos

Xosé Díaz “A exposición pretende comunicarlle á sociedade galega que é o que se está a xogar na deriva actual de Sargadelos”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Laboratorio de Formas, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo...