A recente reapertura tras sete anos pechado do Museo Carlos Maside, agora nomeado Museo Sargadelos-Carlos Maside, viña cargada dunha polémica que se engade a todas as existentes no Grupo Sargadelos desde fai dúas décadas. Nun artigo publicado hoxe no xornal la Voz de Galicia, Camilo Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz pardo, que asina como "Director do Laboratorio de Formas de Galicia", explica os motivos polos que esta institución ven de iniciar actuacións legais contra a Fundación Sargadelos tras esta reinauguración, por considerar "ilegal o intento de apropiación e cambio de nome do citado museo", por parte da Fundación. Segundo Camilo Díaz Arias, a creación do museo débese ao propio Laboratorio de Formas, que é copropietario do mesmo e foi a entidade que o dirixiu ata o seu peche en 2014. Díaz Arias afirma que a Fundación Sargadelos non ten vinculación algunha co Museo Carlos Maside, razón pola cal non cren que poida tomar decisións sobre el.
O Laboratorio de Formas de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, de dereito propio, fundada por Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane e, posteriormente. Andrés Fernández-Albalat. De el nace o actual Grupo Sargadelos en todas as súas facetas e de el xurde a iniciativa creadora do que foi o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside. O Laboratorio xurdiu en 1963 do reencontro de Díaz Pardo con Luis Seoane na Arxentina, cando motivados pola situación de desmemoria que estaba a sufrir Galicia, crean o que foi un proxecto clave para a cultura galega do século XX, do que partirán importantes propostas. O mesmo ano da súa creación, o Laboratorio de Formas asinou un convenio con Cerámicas do Castro, a empresa de cerámica que creara Díaz Pardo xunto con outros socios a finais dos anos corenta, para levar adiante os proxectos elaborados nese crisol de ideas que foi o Laboratorio. A creación do Museo Carlos Maside, tamén en 1970, parte dunha idea alentada por Luis Seoane que buscaba recoller a obra e a documentación do movemento renovador da arte galega a partir de Castelao, inaugurouse de forma provisoria nunhas dependencias cedidas por Cerámicas do Castro ata que, en 1982, se rematou a súa sede definitiva, o edificio de módulos hexagonais deseñado por Albalat a carón da fábrica de Cerámicas do Castro. Moitas das obras da súa colección foron doadas ou depositadas por Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane e os seus contactos segundo Díaz Arias. No seu artigo en la Voz de Galicia, Camilo Díaz Arias sinala tamén que foi o laboratorio quen solicitou á Xunta a declaración BIC do Museo.