Un ano máis, a Deputación da Coruña convoca dez dos premios á creación cos que apoia o desenvolvemento de diferentes disciplinas artÃsticas e propostas culturais. Trátase do XX Premio Castelao de banda deseñada, o XX Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica, o XV Premio Manuel MurguÃa de ensaio, o XIX Premio RaÃña Lupa de literatura infantil e xuvenil, o XXXVII Premio Internacional Torrente Ballester de narrativa en galego e en castelán, o XIX Certame de arte Isaac DÃaz Pardo, o XIX Premio internacional LuÃs Ksado de fotografÃa, o XXII Premio Rafael Dieste de textos teatrais, o XVII Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais e o IX Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero.
En total, a entidade provincial inviste nesta iniciativa 109.000 euros en premios. O prazo para se presentar está aberto entre o 10 de febreiro e o 10 de abril en todas as categorÃas agás no Jesús Núñez, ao que se poden presentar traballos ata o vindeiro 30 de maio.
Cada un dos certames conta cun primeiro premio de 6.500 euros, agás o Torrente Ballester, que outorga 15.000 euros en cada categorÃa, e o Narf, cuxa proposta gañadora levará 4.000 euros. No caso do Premio Isaac DÃaz Pardo, ao premio engádese a adquisición de obras por un valor máximo de 25.000 euros por parte da Deputación.