Mounqup faise co premio Fran Pérez Narf

O certame musical da Deputación da Coruña estreou nome na súa IX edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Mounqup faise co premio Fran Pérez Narf

A compostelá sala Malatesta acollía o pasado venres a gala dos galardoados na A novena xeira do certame musical que convoca a Deputación da Coruña, primeira como Premio Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais. Mounqup, proxecto radicado en Galicia da cantante francesa Camille Hédouin con bases electrónicas e voces, resultou gañador desta xeira e foi galardoado con 3.000 euros. Igmig levou o segundo premio de 2.000 euros, e Pardo quedou en terceiro posto, cun premio de 1.500. Cintaadhesiva e Samarúas pola súa banda conseguiron o quarto e quinto premio, dotados ambos con 1.000 euros.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mounqup, Narf, Deputación da Coruña

Claves

Conceptos