Desde hoxe mesmo está aberto o prazo de presentación de obras e candidaturas a once dos doce premios culturais da Deputación Provincial da Coruña. As bases destas convocatorias publicáronse onte no BoletÃn Oficial da Provincia e atinxen a obras de narrativa, poesÃa, banda deseñada, artes plásticas, textos teatrais, composición musical, fotografÃa, literatura infantil e xuvenil, ensaio, artes gráficas ademais de grupos musicais, e iniciativas culturais pola igualdade de xénero. A deputación reparte en total 121.500 euros directamente en premios entre todos estes certames. Só unha das convocatorias, o XII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica, non ten aÃnda aberto o prazo de presentación de obras ata o 1 de xullo. Os prazos máximos tampouco son comúns aos premios. O máis novo dos premios culturais da Deputación da Coruña nace nesta mesma edición e é o Begoña Caamaño co que se quere premiar iniciativas culturais pola igualdade de xénero. O de máis historia chega a súa vinte e nove edición e é o Premio Torrente Ballester de Narrativa que o pasado ano se dividiu en dous, un para castelán e outro para galego converténdose no mellor dotado economicamente para a nosa lingua.
Os premios da Deputación da Coruña teñen todos importantes dotacións económicas que son de 6.500 € na maior parte dos certames, aÃnda que no de grupos musicais divÃdese en distintas categorÃas e no do Premio Torrente Ballester tanto en galego como en español que é de 25.000 €. Ademais, cada unha das modalidades incorpora distintas posibilidades de difusión da obra. No de grupos e artistas musicais inclúese concerto e xira, edición para os premios literarios, tanto en poesÃa como en prosa, teatro e ensaio; catálogo e exposición para o LuÃs Ksado de fotografÃa e o Jesús Núñez de Arte Plástica e estrea de obra por parte da Orquestra Sinfónica de Galicia para o Andrés Gaos. Os doce certames convocan tamén doce xurados profesionais de recoñecido prestixio que varÃan cada ano e que buscan garantir a obxectividade e a pluralidade dos premios.