Convócanse os premios culturais da Deputación da Coruña

As sete convocatorias atinxen a BD, a músicas, as artes plásticas ou a narrativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña recolle hoxe a convocatoria dos premios culturais que convoca a Deputación da Coruña para 2011, considerados entres os máis prestixiosos do país nos seus respectivos campos. Desta volta, a entidade outorgará os galardóns Castelao de Banda Deseñada, Rafael Dieste de Teatro, Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas, Jesús Núñez de Arte Gráfica, Andrés Gaos de Composición Musical e Torrente Ballester de Narrativa, así como o concurso de rock Deputación da Coruña. Para alén dos galardóns bienais que non se celebrarán este ano, para 2011 tampouco haberá convocatoria do Premio Otero Pedrayo.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Narrativa, Castelao, Isaac Díaz Pardo...