Doce convocatorias e un total de 151.500 € suman a nova edición de premios culturais da Deputación da Coruña que recoñecerá traxectorias e obras en distintos ámbitos culturais, do literario ao plástico pasando polo ensaÃstico ou os proxectos feministas. O ente provincial abre agora o prazo para presentar obras e propostas ás doce convocatorias dos certames culturais cunhas bases que saen publicadas no BOP do 15 de marzo. Manuel MurguÃa de Ensaio, Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais, RaÃña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, LuÃs Ksado de Creación Fotográfica, Rafael Dieste de Textos Teatrais, Isaac DÃaz Pardo de Artes Plásticas, Castelao de Banda Deseñada, Andrés Gaos de Composición Musical e Jesús Núñez de Arte Gráfica ademais do Quero Cantar de Música Infantil e Xuvenil e o Premio Begoña Caamaño de Acción Cultural pola Igualdade de Xénero son os premios que se convocan neste ano 2019 desde a área de Cultura da Deputación da Coruña.
O vindeiro 5 de abril rematan os prazos para presentar propostas ao Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero, asà como para textos teatrais, obras de literatura infantil e xuvenil e ensaio, artes plásticas e banda deseñada. Ata o 15 de maio terá quen se presente ao XIV Premio LuÃs Ksado de Creación Fotográfica e o mesmo prazo para participar no XI Concurso Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais que, despois dunha selección previa, decidirá a clasificación final nunha gala en que se repartirán os 3.000€ para o primeiro posto, 2.000€ para o segundo, 1.500€ para o terceiro e 1.000€ para o cuarto e quinto. Pola súa parte, co XIII Premio "Andrés Gaos" recoñeceranse composicións musicais que se poderán presentar até o dÃa 5 de xuño. Para as dúas modalidades do Premio Torrente Ballester de Narrativa, en español e galego, e o prazo está aberto até o vindeiro 10 de xuño e a cantidade do galardón ascende a 25.000 € cada un.