A Deputación da Coruña convocará este ano 10 premios culturais cun importe de 114.500 euros

O Rosalía de Castro, que recoñece a traxectoria na defensa do galego, estrea dotación económica

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Son todos convocatorias moi coñecidas e agardadas polo sector cultural. O Torrente Ballester de Narrativa (22.500), o Jesús Núñez de Arte Gráfica (6.500), o Castelao de Banda Deseñada (6.500), o Andrés Gaos de Composición Musical (6.500) ata un total de dez galardóns de carácter cultural que volverá convocar este ano a Deputación de Coruña. Nestas convocatorias repartirá 114.500 euros e, como principal novidade destaca que o premio de Lingua Rosalía de Castro terá este ano por primeira vez dotación económica. Serán 4.500 euros, para “recoñecer a traxectoria dalgunha persoa ou institución en defensa do galego e das tradicións da terra”.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Deputación da Coruña, Castelao, Narrativa...