A Área de Cultura da Deputación da Coruña convocaba onte os seus premios Castelao de Banda Deseñada, González Garcés de poesía, Jesús Núñez de artes gráficas, Fraguas de artesanía, o Certame Musical e o Torrente Ballester de Narrativa. Como principal novidades, este último certame desdóbrase nunha convocatoria para lingua galega e outra para castelán, canta ata o momento as obras nos dous idiomas competían entre si polo premio. Deste xeito o Torrente que pasa a ser o galardón máis dotado para obras literarias na nosa lingua, con 25.000 euros de premio en cada categoría.
Outra mudanza é que se eliminan os comisariados que ata o momento coordinaban os premios, e será o propio servizo de cultural o que desenvolva este labor. Os galardóns teñen aberto ata o 30 de xuño o prazo de presentación, agás o Jesús Núñez, que se prolonga ata o 30 de xullo, e entregaranse conxuntamente nunha gala.
En paralelo, o Boletín Oficial da Provincia publicaba onte a convocatoria de axudas para festivais, museos e centros de interpretación, fundacións e entidades de cultura tradicional e popular. Estas subvencións, que contan cun orzamento de 2.250.000 euros, convócanse por vez primeira en rexime de concorrencia competitiva e deixan de ser nominativas.