A Deputación da Coruña convoca os seus certames culturais con recortes

O Premio Castelao de Banda Deseñada para a ser bienal

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Fundación Torrente Ballester

Fundación Torrente Ballester

A mudanza na periodicidade de varios dos premios que convoca a Deputación da Coruña aforraralle ao organismo un total 19.500 euros este ano. O presidente da entidade, Diego Calvo, presentaba onte a convocatoria dos certames deste 2012. Este ano os interesados poderán concorrer ao XXIV Torrente Ballester de narrativa, dotado con 25.000 euros, ao IX de Artesanía Antonio Fraguas, que conta con dous premios de 4.500 e mais ao VII Jesús Núñez de Artes Gráficas, o XVI González Garcés de Poesía e o X Luis Ksado de Fotografía, todos eles cunha dotación de 6.500.

As modificacións nas convocatorias afectan ao Premio Castelao de Banda Deseñada, principal galardón do sector en todo o país, que deixa de ser anual e pasa a se convocar cada dous anos, estando prevista a vindeira edición para 2013.
Canda a el, muda tamén a periodicidade do Raíña Lupa de Literatura infantil e do Manuel Murguía de Ensaio, que pasarán a ser trienais e tamén se convocarán o vindeiro ano.

Segundo explicou Calvo “o criterio utilizado para espaciar estas convocatorias foi o de cantidade de concorrencia, xa que mentres o Torrente Ballester recibiu 611 obras na súa última edición, o Castelao de Banda Deseñada recibiu cinco álbums. Pensamos que en dous anos haberá tempo a que se presenten máis candidatos e que iso reverterá nunha mellora da calidade do certame”.

Calvo tamén anunciou onte que o sistema de xestión do Teatro Colón será mediante unha empresa que contará cun apoio económico de 300.000 euros por parte da Deputación. Os detalles do concurso público aprobaranse no pleno da institución do vindeiro día 24 de febreiro.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Castelao, Premio Castelao de Banda Deseñada, Antonio Fraguas...