O Salón Teatro de Santiago acolle hoxe ás 20:30 horas un evento no que actores e cómicos galegos renderán homenaxe a Xosé LuÃs Bernal (Santiago de Compostela 1942, coñecido polo seu alter-ego cómico, Farruco, como un dos precursores dos contacontos e humoristas do paÃs con máis de cinco décadas de actividade. Para esta celebración o evento contará coa presenza e actuación de actores e cómicos como Pepo Suevos, Xosé A. Touriñán, David Amor, Roberto Vilar, Quico Cadaval, Isabel Risco, Isi, Carmen Méndez, Luis iglesia, Xan Veiga, Celso F. SanmartÃn, Avelino González, Cándido Pazó, Carmen Méndez, David Noya e Arantxa Treus. A entrada é libre ata completar a capacidade, previa retirada de convite na billeteira do Salón Teatro dende 2 horas antes do comezo do acto (18.30h).