20 profesionais de América, Europa e Galicia reuniranse en Compostela entre o sábado 12 e o xoves 17 de marzo para participar no Festival Atlántica de Narración Oral, que este ano cumpre coa súa cuarta edición. Con vinte artistas convidados, Santiago de Compostela converterase en marzo na capital da palabra a nivel galego e español. Entre os participantes, grandes artistas latinoamericaos como a peruna Cucha del Águila, a colombiana Carolina Rueda e o cubano Aldo Méndez. Xunto a estes tres narradores latinoamericanos, Atlántica 2016 prestará atención este ano a Portugal a partir da presenza de Vítor Fernándes (Tras-os-montes), Ana Sofia Paiva (Lisboa) e Valter Peres (Azores), do resto do Estado, como Marián Colina (Madrid) e unha ampla presenza galega, encabezada por Quico Cadaval e que conta con Caxoto, Celso Fernández Sanmartín, Paula Carballeira, Ángeles Goás, Avelino González, Fátima Iglesia Villamel, Cándido Pazó, Charo Pita, Raquel Queizás, Vero Rilo e Gema Santos.
Máis de 2000 nenos participantes
Un dos aspectos máis destacados do festival é a participación, neste ano, de máis de 2000 nenos a través dun denso programa de visitas escolares, institutos e centros de educación que se beneficiarán e aproveitarán dunha programación pensada para eles, pensada na interculturalidade e no encontro entre razas, ideas e territorios. Varios colexios de Compostela participan neste programa. Os nenos disfrutarán, ademais, dun Maratón de Contos para eles, o domingo 13 ás 17:00 na Nave de Vidán.
Asímesmo, este ano será o primeiro no que unha parte do festival se conte en lingua de signos en galego, nunha función tanto para xordos como non xordos, a través da participación de Galensigna.