O auditorio da sede de Afundación de Pontevedra acolleu a entrega dos premios 'Mulleres no Foco' da Deputación Provincial de Pontevedra, promovido tamén pola Asociación de Mulleres CIMA que ten o obxectivo de dar visibilidade ao papel da muller no sector do audiovisual. Nesta cuarta edición as tres gañadoras estiveron acompañadas das outras once nomeadas.A guionista Lidia Fraga, a prdutora Nati Juncal e a realizadora Jaione Camborda foron as que finalmente levaron este ano os recoñecementos, que están ademais dotados económicamente con 5.000 euros cada un. As outras nomeadas foron Lucía Estévez, Xisela Franco, Andrea Vázquez, Teresa Fernández-Valdés, Uxía Caride, Inés Colmero, Beatriz Legerén, Mayka Braña, María Elva Martínez, María Roja e Carmen Méndez.
A cerimonia de entrega contou coa compañía Pablo Méndez Performance, que levou a cabo un espectáculo na recepción. A gala estivo conducida por Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro, e contou coa intervención inicial de Beatriz Mbula, representante da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais. Despois da proxección dun vídeo sobre las catorce nomeadas aos premios e dunha actuación das Tanxugueiras, deu comezo a entrega de premios. O primeiro recibiuno Lidia Fraga de mans de Beatriz Mbula, o segundo entregoullo a Nati Juncal a conselleira de Igualdade, Fabiola García; e o terceiro deullo o presidente do ente provincial, Luis López á cineasta Jaione Camborda. A gala rematou co discurso do mandatario provincial, a interpretación dunha nova peza a cargo das Tanxugueiras. A gala pode verse na canle de YouTube da Deputación.