Beli Martínez, Mariana Carballal e María Vázquez reciben os galardóns Mulleres no Foco

A produtora e as dúas actrices foron seleccionadas nestes premios dedicados a recoñecer ás profesionais do sector audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualPolíticas Culturais
Compartir:
Foto: Deputación Provincial de Pontevedra

Foto: Deputación Provincial de Pontevedra

As actrices Mariana Carballal e María Vázquez, xunto coa produtora Beli Martínez foron as gañadoras da terceira edición dos premios Mulleres no Foco entregados este venres pasado no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra, un certame promovido pola Deputación e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, CIMA que ten o obxectivo de darlle visibilidade ao papel da muller no sector do audiovisual. Estas tres profesionais de dilatada e exitosa traxectoria foron as seleccionadas polo xurado, entre un total de vinte nomeadas, que "todas reunides os méritos suficientes para serdes merecedoras do Mulleres no Foco de 2024", admitiu o presidente do ente provincial Luis López. As tres subiron ao escenario a recoller un galardón dotado cun premio de 5.000 euros.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Beli Martínez, María Vázquez, Asociación de Mulleres Cineastas...